Servizo de listas de distribución

Introducción

As listas de distribución son, basicamente, un servicio de envío de mensaxes electrónicos ás persoas subscritas a unha determinada área temática.

En xeral, as listas de distribución teñen dous usos principais:

  • Difusión de información a grupos de usuarios
  • Creación de foros discusión

Non obstante, é posible darlle calquera outra utilidade.

O sistema de listas de distribución funciona a través do correo electrónico. Para comunicarnos con él deberemos enviar mensaxes a uns determinados enderezos

Por unha parte temos un enderezo para comunicarnos co xestor das listas; as mensaxes alí dirixidas, deberán incluir no corpo da mensaxe as nosas instruccións para o sistema de listas (subscribirnos a unha lista concreta, solicitar axuda, listar os subscritores, etc.)

Por outra parte teremos os enderezos das diferentes listas onde poderemos enviar as nosas mensaxes, no caso de estar autorizado. En calquera caso sempre será suficiente con ter unha dirección de correo electrónico, dado que calquera comunicación co servidor de listas de distribución realízase mediante o correo electrónico.

A Universidade de Santiago de Compostela dispón dun servidor de listas de distribución xestionado polo programa "ListServ". A dirección do servidor é: listserv@listas.usc.es; a esta dirección deberemos envia-las nosas mensaxes para xestionar a nosa subscripción (altas, baixas, etc.). Os enderezos das diferentes listas corresponden ó formato: nome_da_lista@listas.usc.es, por exemplo saus-proba@listas.usc.es, ou usc-difusion@listas.usc.es.

Unha vez subscrito ás listas desexadas, comezarás a recibir no teu buzón de correo electrónico tódalas mensaxes destinadas a estas listas.

Creación de novas listas

En principio, no existe unha normativa específica para a creación de novas listas; os criterios estarán baseados na posible demanda, o sentido común e sobre todo a súa utilidade en calquera das áreas da Universidade. 

Se desexas que se cree unha nova lista, como primeiro paso deberás enviar unha mensaxe a postmaster@listas.usc.es, indicando os datos descritos no punto 9 das preguntas frecuentes. Ten en conta que a administración da lista lle corresponde á persoa que a solicita. Como norma xeral, a área TIC soamente xestiona as listas institucionais.

Continuar a Intruccións básicas.


Comentarios ou suxestións a postmaster@listas.usc.es
© ATIC-USC. 2002-2005