Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xaneiro 2007)Voltar á páxina principal de PDI-UGTSubscribirse ou  abandoar  PDI-UGT (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 18 Jan 2007 10:22:40 +0100
Reply-To:     ugt_usc@USC.ES
From:         Seccion Sindical UGT-USC <ugt_usc@USC.ES>
Subject:      Contestación Comunicado Vicerreitorado
              Investigación
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1; DelSp="Yes"; format="flowed"

Ante a comunicación do Vicerreitorado de Investigación do pasado 12 de xaneiro, referente ao peche da Unidade de Análise Elemental, A SECCIÓN SINDICAL DE FETE UGT, ESIXE a apertura innmediata da Unidade, coa previa contratación do personal da Lista de Agarda, e aclara o seguinte:

1º- Efectivamente a única traballadora da devandita Unidade está de baixa maternal, situación ésta que comunica oportunamente para que se prevera con tempo a súa substitución.

2º- Dende hai tempo estamos a atoparnos que postos de traballo do PAS Laboral son substituídos de xeito irregular. Lembrar, por exemplo, o caso dalgún traballador en excedencia no cal o seu posto foi cuberto coa modalidade de asistencia técnica por un valor moi superior ó do seu salario. Esta situación na UNIDADE DE ANÁLISE ELEMENTAL só é un paso máis no desprezo dos postos e do traballo do PAS Laboral.

3º-Todo isto evidencia unha falta total de consideración polos procedementos de cobertura de baixas, que se acordan cos representantes dos traballadores.

4º- A desviación do traballo dunha Unidade cara a outra Universidade aseméllase a un proceso de liquidación dunha empresa pública coma a nosa, mais que a unha xestión responsable que é o que debería de ser.

5º- Dita desviación de traballo terá como consecuencia a perda de usuarios dun servizo desta Institución.

SEGUIMOS TRABALLANDO E SEGUIMOS INFORMANDO

PORQUE TI ES O NOSO COMPROMISO

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-UGT, envia unha mensaxe a LISTSERV@LISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-UGT --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-UGT