Servizo de listas de distribución

Información básica para usuarios

 

Para solicitar calquera operación ó servidor de listas USC, debemos enviar un correo ó enderezo listserv@listas.usc.es. Na primeira liña do corpo da mensaxe indicaremos o comando, por exemplo, 

subscribe saus-proba Nome Apelidos

A liña de Subject (asunto da mensaxe) deberá quedar en branco, e non deberemos engadir sinatura ou comezar esta por dous guións ( -- ) que lle indica o servidor que desprecie o que vai continuación.

O servidor recoñece diversos comandos para que os usuarios podan,entre outras prestacións, xestionar a súa subscripción, solicitar axuda, etc.

Para poder enviar unha mensaxe a unha lista tes que estar subscrito a ela; ademáis as normas da lista deben permitan o envío de mensaxes. A persoa subscrita tan só ten que mandar un correo electrónico á dirección da lista cos seus comentarios ou preguntas. É moi importante adaptarse ás normas e á temática da lista, o coordenador ou dono da lista poderá en calquera momento desubscribir a calquera persoa.

Comandos básicos do ListServ

A continuación mostramos unha breve referencia sobre os comandos empregados máis habitualmente.

  • subscribe nome_da_lista Nome Apelidos

    Este comando suscribe un e-mail (por defecto a dirección do que envía a mensaxe) a nome_da_lista.

  • unsubscribe nome_da_lista

    Este comando desubscribe un e-mail (por defecto a dirección do que envía a mensaxe) de nome_da_lista.

  • query nome_da_lista

    Este comando informa do estado actual das túas opcións de subscripción a nome_da_lista.

  • set nome_da_lista opción1 [opción2 ...]

    Este comando permite cambiar as túas opcións de subscripción a nome_da_lista.

  • help

    Envia unha lista dos comandos disponibles.

  • info nome_da_lista

    Envía información sobre nome_da_lista.

  • index nome_da_lista

    Envía unha lista de arquivos dispoñibles en nome_da_lista. Nestes arquivos almacenanse tódalas mensaxes enviadas á lista. Normalmente se xenera un arquivo por mes e podemos recibilos individualmente mediante o comando get.

  • get nome_da_lista nome_arquivo

    Envía por mail o nome_arquivo do nome_da_lista.

Acceso mediante navegador web

E posible consulta-lo arquivo histórico de tódalas listas de distribución da USC mediante un navegador web. Para elo deberán dirixirse á páxina http://www.listas.usc.es/listas

Ir a preguntas máis frecuentes.


Comentarios ou suxestións a postmaster@listas.usc.es
© ATIC-USC. 2002-2005