Servizo de listas de distribución

Administración mediante correo electrónico

 

Táboa de Contidos


Como envia-las instruccións

Tódalas instruccións deben ser enviadas ó enderezo listserv@listas.usc.es. O asunto ("subject") da mensaxe deberá quedar en branco e, na primeira liña do corpo da mensaxe, teclearemos a orde que lle queremos enviar ó servidor.

Unha vez enviada a mensaxe, recibiremos unha contestación dende o servidor indicando o resultado das instruccións enviadas.

Por defecto, os subscritores recibirán unha notificación sobre a nosa acción. No caso no que non se desexe que o subscritor reciba esta información, teremos que empregar a palabra quiet antes do comando en cuestión.

Contido

Alta de novos subscritores

O comando a empregar é add. O seu formato é:

add nome_lista usuario@dominio Nome Apelidos

Por exemplo, para dar de alta ó usuario Bieito Carballido, que ten como enderezo electrónico bieito@dominio.es, á lista de distribución SAUS-PROBA enviaremos a seguinte mensaxe:

To:listserv@listas.usc.es
Subject:

add saus-proba bieito@dominio.es Bieito Carballido

Se desexamos dar de alta un número elevado de subscriptores, podemos facelo nunha única mensaxe. No seu corpo escribiremos o seguinte:

QUIET ADD nome_da_lista DD=ddname IMPORT
//ddname DD *
usuario1@usc.es nome1 apelido1
usuario2@usc.es nome2 apelido2
...
usuarioN@usc.es nomeN apelidoN
/*

Se elimina a palabra "QUIET", os novos subscriptores recibirán un aviso da alta. Pode omitir os nomes e apelidos, xa que non son obligatorios.

Contido

Baixa de subscritores

O comando a empregar é del. O seu formato é:

del nome_lista usuario@dominio

Por exemplo, para dar de baixa ó usuario Bieito Carballido, que ten como enderezo electrónico bieito@dominio.es, da lista de distribución SAUS-PROBA enviaremos a seguinte mensaxe:

To:listserv@listas.usc.es
Subject:

del saus-proba bieito@dominio.es

Se desexamos dar de baixa un número elevado de subscriptores, podemos facelo nunha única mensaxe:

QUIET DELETE nome_da_lista DD=ddname
//ddname DD *
usuario1@usc.es
usuario2@usc.es
usuario3@usc.es
/*

Contido

Modificación dos datos dun subscriptor

Non existe un comando específico para cambia-lo nome ou o enderezo dun subscriptor. Para isto temos que empregar o mesmo comando que empregamos para subscribirnos, especificando os novos datos.

Contido

Lista dos usuarios subscritos

O comando a empregar é scan. O seu formato é:

scan nome_lista patron

Por exemplo, listar tódolos usuarios da lista de distribución SAUS-PROBA enviaremos a seguinte mensaxe:

To:listserv@listas.usc.es

Subject:

scan saus-proba *

Para buscar usuarios por un determinado nome ou enderezo electrónico, enviaremos unha mensaxe como esta:

To:listserv@listas.usc.es

Subject:

scan saus-proba bieito

Contido

Coñece-las opcións de subscripción

Se queremos coñece-las opcións de subscripción dos usuarios da lista empregaremos o comando query.

No caso de querer sabe-las opcións dun subscriptor en particular o formato é:

query nome_lista for usuario@dominio

No caso de querer sabe-las opcións de tódolos subscriptores:

query nome_lista for *@*

No caso de querer sabe-las opcións de tódolos subscriptores cuyo nome contenga a palabra carballido

query nome_lista for *carballido*

Cambia-las opcións de subscripción

Para cambia-las opcións de subscripción dos usuarios da lista empregaremos o comando SET.

Exeplo para impedir que un usuario non poida enviar mensaxes á lista (opción NOPOST):

set nome_da_lista nopost for usuario@usc.es

Contido


Pode atopar información sobre as diferentes opcións en RedIris.

Contido


Comentarios ou suxestións a postmaster@listas.usc.es
© ATIC-USC. 2002-2005